Aviso Legal

AVISO LEGAL

Todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da páxina web www.daveiga.es, así como dos elementos contidos nesta (que inclúen, entre outros, imaxes, sons, audio, vídeo, software ou textos) pertencen a LUGAR DA VEIGA, SLL. ou, no seu caso, a terceiras persoas.

DEREITOS SOBRE A PROPIEDADE DA PÁXINA WEB

O usuario poderá visualizar tales elementos e ata imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, polo tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución, así como a súa modificación, alteración ou descompilación.
Tanto o nome do dominio www.daveiga.es, así como a marca, logotipo e denominación comercial “DAVEIGA produción responsable” figuran rexistradas a nome de LUGAR DA VEIGA, SLL. nos rexistros correspondentes.

Enderezo: POLG. IND. OS ACIVROS, PARCEL A-3 D, 27500 CHANTADA (LUGO)
CIF: B27317007
TEL: 982 44 02 22
Inscripción no rexistro: Rexistro Mercantil de Lugo, nº 1/2005/205, Tomo 339, Libro 0, folio 105, hoja LU-10146
Teléfono: 982 44 02 22
Email: galletas@daveiga.es
Horario de Atención: De 9 a 14h.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A páxina web de LUGAR DA VEIGA, SLL. proporciona o acceso a multitude de información, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes a terceiras persoas ou obtidas de distintas bases de datos propiedade de terceiros.
Aínda que LUGAR DA VEIGA, SLL. actúa de boa fe e na medida do posible intenta velar pola exactitude e actualización dos contidos, non se fai responsable directa ou subsidiariamente de cantas reclamacións poidan derivar da calidade, fiabilidade, exactitude ou corrección dos contidos. En todo caso, se se detecta algunha incorrección na información que aparece, rogámoslle que nolo faga saber e, pola nosa parte, efectuaremos os cambios pertinentes.

Parte do Sitio web pode albergar contidos publicitarios ou estar patrocinado. Os anunciantes e patrocinadores son os únicos responsables de asegurarse que o material remitido para a súa inclusión no Sitio Web cumpre coas leis que en cada caso poidan ser de aplicación. O titular da web non será responsable de calquera erro, inexactitude ou irregularidade que poidan conter os contidos publicitarios ou dos patrocinadores. En todo caso, para interpoñer calquera reclamación relacionada cos Contidos publicitarios inseridos neste Sitio web poden dirixirse ao seguinte formulario de contacto.

SUBMINISTRO DE CONTIDO POLAS PERSOAS USUARIAS

As persoas usuarias son responsables de todos os contidos que remitan ao portal. As persoas usuarias fanse responsables de que as informacións ou contidos non infrinxan dereitos de terceiros nin vulneren calquera lexislación vixente.
LUGAR DA VEIGA, SLL. reservase o dereito, pero non a obrigación, de rexeitar ou borrar calquera contido achegado polas persoas usuarias que non cumpran as regras do réxime de uso.

RÉXIME DE USO DA PÁXINA WEB

A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que LUGAR DA VEIGA, SLL. ofrece a través da súa páxina web www.daveiga.es.
Algúns dos contidos ofertados requiren o rexistro previo da persoa usuaria, para o que debe darse de alta como usuario/a do portal.

MODIFICACIÓNS DA PÁXINA WEB

LUGAR DA VEIGA, SLL. resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa páxina web www.daveiga.es, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través dela como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados na mesma.

POLÍTICA DE DATOS

Os datos persoais facilitados a través dos formularios deste web ou mediante mensaxes de correo electrónico serán incorporados a un ficheiro de clientes. Este ficheiro foi comunicado á Axencia Española de Protección de Datos. A finalidade deste é realizar o normal proceso de relación comercial, facturación (se fose necesario) e cumprir coas normativas legais vixentes para os efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Mediante o envío deste formulario, vostede dá o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos neste. Estes datos serán utilizados para mellorar a prestación de servizos por parte de LUGAR DA VEIGA, SLL., facilitando a personalización dos devanditos servizos e, en consecuencia, un maior grao de satisfacción das súas necesidades.

Así mesmo, o envío deste formulario comportará o consentimento expreso para a cesión dos seus datos ás sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de LUGAR DA VEIGA, SLL. para o envío de publicidade e de información relativa ao grupo, e para a cesión a outras empresas cuxa intervención sexa necesaria para levar a cabo as accións ou prestacións previstas nos servizos de LUGAR DA VEIGA, SLL.

Os datos solicitados son os estritamente necesarios para formalizar a relación comercial, para iniciar a relación de negociación e emitir as correspondentes facturas (se fose necesario) e para as cesións anteriormente citadas, polo que será obrigatorio cubrir estes campos.

O afectado, ou a persoa física que o represente, ten dereito a acceder ao ficheiro, rectificar os seus datos ou cancelalos.

Na solicitude dirixida ao responsable do ficheiro, a persoa afectada debe incluír:

• Nome, apelidos do/a interesado/a e fotocopia do Documento Nacional de Identidade do/a interesado/a. A fotocopia do Documento Nacional de Identidade poderá ser substituída sempre que se acredite a identidade por calquera outro medio válido en Dereito.
• Datos identificativos da empresa á que pertence e fotocopia do NIF da empresa.
• Petición na que se concreta a solicitude.
• Domicilio para os efectos de notificacións, data e sinatura do solicitante.
• Documentos acreditativos da petición que formula, no seu caso.

Este web non utiliza cookies, nin calquera outra utilidade que permita a obtención de datos persoais sen o consentimento da persoa afectada.

Datos para a cancelación do tratamento

Para exercer este dereito, diríxase por correo certificado á compañía:

LUGAR DA VEIGA, SLL
POLG. IND. OS ACIVROS, PARCELA A-3 D, 27500 CHANTADA (LUGO)
TEL: 982 44 02 22
lois@daveiga.es

SUBIR Á PÁXINA


Certificados de calidade
Recoñecementos