Daveiga

Produción Responsable

imagen-empresa

A sociedade Lugar da Veiga SLL nace en xaneiro de 2005 para poñer en marcha o proxecto empresarial “DAVEIGA produción responsable”. Durante este primeiro ano centrámonos no desenvolvemento do produto, presentando en xuño de 2006 as Galletas Mariñeiras® ao mercado.

O obradoiro, situada no Pol. Industrial “Os acivros” en Chantada, provincia de Lugo, ten unha superficie de 1.200 m² cunha capacidade de produción ata 1.500 kg de Galletas Mariñeiras® por día.

CALIDADE E SEGURIDAD ALIMENTARIA
Apostamos pola utilización de materias primas naturais e de calidade, rexeitando a utilización de materias primas manipuladas xeneticamente así como a utilización de aditivos, saborizantes e conservantes artificiais.
ECONOMÍA SOCIAL
Trátase dun proxecto empresarial controlado e participado polos/as traballadores/as e comprometido co desenvolvemento local e a economía social. Coa prioridade absoluta á contratación estable e condicións do posto de traballo.
COMPROMISO CO MEDIO E O DESENVOLVEMENTO LOCAL
O noso compromiso socioeconómico e ambiental está baseado no aproveitamento sostible dos recursos locais. Trátase dun proxecto respectuoso co medio, intensivo en man de obra e a preferencia por materias primas procedentes ou transformadas no noso ámbito máis próximo.
PREZO XUSTO
As marxes de rendibilidade que se aplican son moi razoables. O prezo establécese fundamentalmente co obxectivo de manter a viabilidade do proxecto, garantindo unhas condicións de traballo dignas.

 

 


Certificados de calidade
Recoñecementos