Por

Daveiga está na feira de Alimentaria de Barcelona

Daveiga presenta as últimas novidades das mariñeiras na feira Alimentaria. O pan sen miolo viaxa á feira de alimentación, bebidas e gastronomía líder en España para mostrar a produción, a nova imaxe e a nova liña de produtos.

Daveiga_Alimentaria

Alimentaria, xa un referente a nivel internacional, conta con máis de 4.500 firmas mostrando as súas mellores propostas e nela Daveiga defende a nova imaxe do pan de barco onde un mariñeiro reforza o valor e a historia deste produto tradicional. Ás terras catalás chegan as novas referencias de produtos Natural (espelta, liño) e BIO (integral, sementes de chía, espelta e quinoa), así como a nova liña de produtos biolóxicos (Mariñeiras BIO) cuxa produción está certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Durante o evento, o cociñeiro e profesor do F.P de Cociña do I.E.S Lagoa Antela de Xinzo de Limia, Martín Álvarez, elaborará varias receitas coas mariñeiras, destacando as preparadas con ortigas. Mostrará as diferentes formas de consumir este pan de longa duración e convidará aos asistentes a degustar as súas elaboracións.

O presidente de Alimentaria, Josep Lluís Bonet, constata que “a alimentación é o primeiro sector industrial do país, e en Alimentaria ten a oportunidade de presentarse ante o mundo con baluartes como a calidade, a excelencia da súa materia prima e a innovación; xunto a unha gastronomía que goza de gran prestixio internacional”.

A feira de Alimentaria celébrase desde o 16 de abril ata o xoves 19 no Recinto de Gran Vía de Barcelona. Invitámosvos a visitarnos no Pavillón 2 – Calle F – Stand 638.

Máis información: http://www.alimentaria-bcn.com

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

3 × 4 =










Certificados de calidade
Recoñecementos