Por

Daveiga está presente en Natura Málaga, Feira de Vida Saudable e Sostible

As mariñeiras estarán presentes en Natura Málaga, a 10ª edición desta feira de Vida Saudable e Sostible. O evento terá lugar o 6, 7 e 8 de abril no FYCMA, Palacio de Feiras e Congresos de Málaga.

Trátase dun dos encontros de referencia vinculados coa promoción de estilo de vida saudable e reúne unha ampla oferta de produtos ecolóxicos, naturais e respectuosos co medio ambiente, entre eles as mariñeiras de Daveiga.

Estarán representados diferentes sectores: produtos eco certificados, alimentación, cosmética e técnicas complementarias, bebé, gastro, turismo e sostibilidade, mobilidade e artesanía. Un dos principais obxectivos desta feira é fomentar o comercio xusto así como servir de plataforma para a concienciación do coidado do planeta e dos seus recursos naturais.

Invitámosvos a visitarnos no Stand A23.

Máis información en: http://naturamalaga.malaga.eu/es/Informacion-General/#.WsNLhWbIozU

 

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

6 − 4 =










Certificados de calidade
Recoñecementos