Por

O “Financial Times” confirma que o rural e a economía social ten futuro

O Financial Times fíxase por segundo ano consecutivo nas Galletas Mariñeiras e inclúe a Daveiga no ranking das 1000 empresas que máis rápido crecen de Europa.

Dende que comezou este proxecto, partiuse dunha premisa clara: apostar polo rural e a economía social. Tras 14 anos de camiño, na actualidade, somos unha das poucas empresas de alimentación que figuramos no ranking do Financial Times publicado neste mes de marzo:

(https://www.ft.com/content/238174d2-3139-11e9-8744-e7016697f225)

Neste estudo, elaborado polo prestixioso xornal británico en colaboración con Statista, FT 1000: Europe´s Fastest-Growing Companies, figuran as 1000 empresas europeas cunha maior taxa de crecemento nos últimos anos. Nel resáltase ás entidades que actúan como forza motriz da economía europea.

Non se trata da primeira vez que o Financial Times se fixa en nós. No 2018 conseguíamos o posto 503 e este ano alcanzamos o número 548, cun crecemento acumulado no período analizado (2014-2017) do 315%. Deste xeito, colámonos no ecuador dun listado dominado por entidades do sector da tecnoloxía, construción e servizos con sede en países de Alemaña, Reino Unido e Francia, principalmente.

Estamos moi orgullosos deste resultado. Este proxecto  medrou pasando de 5 empregados a formar hoxe un equipo de máis de 50 persoas, cunha produción de máis de 4.000 quilos de Galletas Mariñeiras ao día.

Sempre quixemos apostar polo medio rural e a economía social. Cultivar un proxecto intensivo en man de obra e que crease valor engadido no entorno próximo. Figurar en estudos coma este axúdanos a facer visíbel a idea da que Daveiga partiu: Se se aposta, o rural e a economía social teñen futuro.

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

7 + fifteen =










Certificados de calidade
Recoñecementos