Por

A nova liña de produtos biolóxicos de Daveiga

Daveiga lanza ao mercado unha nova liña de produtos ecolóxicos: as Galletas Mariñeiras® BIO. Estas galletas elabóranse con materias primas de produción ecolóxica, é dicir, sen a utilización de produtos químicos de síntese (insecticidas, herbicidas, etc.) Están sometidas a estritos controis de produción, baixo as normas da agricultura ecolóxica e controladas en todo o seu proceso: produción de materias primas, elaboración, envasado e comercialización. Ademais, a súa produción está certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Esta nova liña atópase exclusivamente en tendas especializadas, orientadas á alimentación saudable; en diferentes variedades (con aceite de oliva, integrais, de espelta, con sementes de chía, con sementes de quínoa, con alga wakame, especiais para canapés) e formatos.

Sendo sempre fieis á marca, as Galletas Mariñeiras® BIO rexeitan a utilización de materias primas manipuladas xeneticamente, así como a utilización de aditivos, saborizantes e conservantes artificiais. Así, están feitas a base de manteiga e aceite de oliva virxe extra, cuxo sabor non predomina e facilita a súa combinación con doce ou salgado, e ao mesmo tempo teñen un sabor moi exquisito si se degustan soas.

As Galletas Mariñeiras®, cun proceso de elaboración semi-artesanal, caracterízanse pola súa alta resistencia á absorción da humidade, aspecto a destacar para a elaboración de petiscos ou canapés. A súa composición garante unha vida do produto de máis de 8 meses, tempo durante o cal conservan todo o seu sabor e textura.

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

16 + seven =










Certificados de calidade
Recoñecementos