Por

As mariñeiras viaxan a Londres á feira Natural&Organic

Durante os días 22 e 23 de abril as mariñeiras estarán presentes na feira londiniense Natural&Organic. O evento acolle produtos naturais e orgánicos de toda Europa, comprometidos coa saúde, os factores ambientais e a sostibilidade.

Esta feira é coñecida a nivel internacional por reunir a mellor selección de produtos orgánicos, certificados, sen OGM, veganos, vexetarianos, innovadores e sostibles coa saúde e o benestar de todo o mundo.

As mariñeiras BIO estarán neste evento de Londres, xa que se elaboran con materias primas de produción ecolóxica, é dicir, sen a utilización de produtos químicos de sínteses (insecticidas, herbicidas, etc.) Están sometidas a estritos controis de produción, baixo as normas da agricultura ecolóxica e controladas en todo o seu proceso: produción de materias primas, elaboración, envasado e comercialización. Ademais, a súa produción está certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Invitámosvos a visitarnos no Stand P52.

Máis información: http://www.naturalproducts.co.uk/

 

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

four × 1 =










Certificados de calidade
Recoñecementos