Daveiga

Produción Responsable

A sociedade Lugar da Veiga SLL nace en xaneiro de 2005 para poñer en marcha o proxecto empresarial “DAVEIGA produción responsable”. Durante este primeiro ano centrámonos no desenvolvemento do produto, presentando en xuño de 2006 as Galletas Mariñeiras® ao mercado.

O obradoiro, situada no Pol. Industrial “Os acivros” en Chantada, provincia de Lugo, ten unha superficie de 2.200 m² cunha capacidade de produción ata 4.000 kg de Galletas Mariñeiras® por día.

CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA

Apostamos pola utilización de materias primas naturais e de calidade, rexeitando a utilización de materias primas manipuladas xeneticamente así como a utilización de aditivos, saborizantes e conservantes artificiais.

ECONOMÍA SOCIAL

Trátase dun proxecto empresarial controlado e participado polos/as traballadores/as e comprometido co desenvolvemento local e a economía social. Coa prioridade absoluta á contratación estable e condicións do posto de traballo.

COMPROMISO CO MEDIO E O DESENVOLVEMENTO LOCAL

O noso compromiso socioeconómico e ambiental está baseado no aproveitamento sostible dos recursos locais. Trátase dun proxecto respectuoso co medio, intensivo en man de obra e a preferencia por materias primas procedentes ou transformadas no noso ámbito máis próximo.

PREZO XUSTO

As marxes de rendibilidade que se aplican son moi razoables. O prezo establécese fundamentalmente co obxectivo de manter a viabilidade do proxecto, garantindo unhas condicións de traballo dignas.


Certificados de calidade
Recoñecementos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies