Por

Onde mercar as Galletas Mariñeiras Daveiga?

Ola, mariñeir@s!

Sodes moitos os que estes días, e debido á situación de confinamento actual, estades a preguntarnos onde poder comprar as nosas Galletas Mariñeiras, por iso, a continuación imos resumirvos os supermercados así como as opcións online que tedes para gozar das nosas ricas galletas.

 

SUPERMERCADOS

Supermercados

 

  • Variedade Natural: Os principais supermercados que distribúen a nosa variedade natural de Galletas Mariñeiras son:

    • En Galicia, Asturias e Castela León: Froiz, Gadis, Eroski, Lidl, Grupo Cuevas (Galicia).

    • En todo o territorio nacional e illas: El Corte Inglés, Carrefour, Alcampo, Eroski (País Vasco e Navarra), Consum (Valencia, Murcia e Catalunya),  Dinosol (Canarias).

lOGOS_SUPERMERCADOS

  • Variedade Bio: Á venda en tendas especializadas en produtos ecolóxicos, herboristerías, froiterías, tendas gourmet, etc. Para saber exactamente onde adquirir algunha variedade Bio na vosa localidade, debedes poñervos en contacto connosco a través do mail info@galletas.es ou a través de Facebook ou Instagram e concretarémosvos as tendas físicas nas que podedes atopar as Mariñeiras Bio que máis vos gusten. Tamén en Correos Market podedes atopalas.

 

ONLINE

ECOMMERCE

En Galletas Mariñeiras Daveiga non vendemos directamente a consumidor final, polo que non temos unha tenda online propia. Isto significa que non podedes mercar as Mariñeiras a través de internet? Por suposto que si e vos detallamos como:

 

IMPORTANTE: Se tedes unha tenda con e-commerce e non aparecedes nesta lista, así como se es consumidor e non consigues as galletas, por favor, contáctanos a través das nosas redes sociais (Facebook e Instagram) ou a través de info@daveiga.es e atoparemos unha solución.

 

Grazas e a desfrutar das Galletas Mariñeiras Daveiga!

 

 

 

 

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

1 + 10 =










Certificados de calidade
Recoñecementos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies