Por

Receita de Salmorejo con Mariñeiras

Ola, mariñeir@ s!

Chega o verán e apetece comer algo fresco e san, verdade? Por iso hoxe traémosvos esta receita espectacular de salmorejo cordobés con Galletas Mariñeiras. Tomade nota!

INGREDIENTES

  • 1 quilo e medio de tomates moi maduros
  • Un paquete de galletas mariñeiras (preferiblemente de aceite de oliva)
  • 200 ml de aceite de oliva
  • Sal
  • Vinagre (opcional)
  • 1 dente de allo (opcional)
  • Ovo duro relado (opcional)
  • Xamón serrano tostado (opcional)

PREPARACIÓN

  1. Nun bol engadimos as galletas mariñeiras e deixámolas abrandar en auga.
  2. Trituramos os tomates con pel noutro recipiente.
  3. Engadimos o allo moi picado  (sen a raíz) aos tomates. Tamén engadimos o aceite de oliva e o vinagre se nos gusta un toque acedo. Mesturamos.
  4. Comprobamos que as galletas mariñeiras están brandas e engadímolas á mestura anterior. Trituramos todo de novo de ser necesario e probamos e rectificamos con sal.
  5.  Se queremos que o salmorejo quede máis  fino (tipo gazpacho) pasarémolo por un colador ou pasapuré.
  6. Deixámolo arrefriar na neveira un par de horas e servimos frío acompañado de ovo duro cocido, xamón serrano tostado e mariñeiras rotas.
  7. A comer!

 

 

0 comentarios

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

1 × 2 =










Certificados de calidade
Recoñecementos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies